Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOITE GALEGA DAS TELECOMUNICACIÓNS E DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

Vieiros, premio Comunicación TIC 2004

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galiza outorgoulle a Vieiros o premio "A Nosa Rede" no apartado Comunicación TIC 2004. O acto de entrega de premios tivo lugar a noite do venres no Hotel Illa da Toxa no transcurso da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información organizada pola AETG. Vieiros fíxose merecente do galardón "por representar unha aposta galega para a información en rede, sendo xa unha referencia para todos nós, con sensibilidade especial para todos os temas tecnolóxicos que centran o desenvolvemento do sector TIC en Galiza". Un premio que compartimos con todos os nosos colaboradores e lectores.

- 20:24 27/11/2004
Tags:


0/5 (0 votos)