Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOSTROUSE EN CONTRA DO MATRIMONIO HOMOSEXUAL

Fraga considera que a homosexualidade é unha "anomalía"

O presidente da Xunta considera que a homosexualidade é "unha anomalía". Para demostralo, díxolle á xornalista que lle facía unha entrevista en Antena 3 TV: "O que eu prefira un garda civil a unha señora guapa como vostede, algo raro me ten que pasar". Fraga tamén advertiu que "pasar da persecución que houbo no seu día, e que foi unha equivocación, ao orgullo gai é outra tremenda equivocación". Desde o colectivo ALAS de Lugo consideran que as declaracións de Fraga "non se poden tomar en serio como argumento". Sinalaron tamén que "estamos orgullosos de ser diferentes, a pesar de estar machacados por persoas como Fraga, e de lograr as reformas legais e sociais que demandamos".

- 17:19 14/12/2004
Tags:

Nunha entrevista en A3 TV, Fraga rexeitou tamén o matrimonio entre homosexuais e suxeriu cambiar o concepto de "unión de feito", porque as persoas que nacen así porque os cromosomas se equivocan teñen dereito a un certo recoñecemento".

"Comprenderá que o que non prefira a unha señora guapa como vostede, pois algo raro lle ten que pasar", respondeulle á xornalista que o entrevistaba.

Ao seu xuízo, iso non é un matrimonio. É outra cousa, respetábel, pero é outra cousa", porque o matrimonio, "por definición, é que poida haber unha nai". Tamén suxeriu que "algo debe haber" cando se lle preguntou pola suposta existencia dun lobby rosa.

Fraga tamén rexeitou as medidas para axilizar os trámites do divorcio impulsadas polo goberno español. Considéraas unha forma de "matrimonio fácil". "Calquera pode dicir: quérome divorciar e xa está. Paréceme un disparate".

  • Poden escoitar aquí o treito da entrevista onde Fraga fala sobre a homosexualidade


  • 0/5 (0 votos)