Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CINEMA

Mabel Rivera, Serxio Moure, Celso Bugallo, Tamar Novas, 'Pinocho' e 'Minotauromaquia', aos Goya

Os Premios Goya fixeron pública a lista dos seus candidatos, con gran presenza galega: Mabel Rivera optará a ser a mellor actriz de reparto polo seu papel en 'Mar Adentro', Celso Bugallo ao mellor actor de reparto tamén por ese filme, o músico coruñés Serxio Moure loitará pola mellor música orixinal polo filme 'Inconscientes' e o mozo Tamar Novas tentará conseguir o goya ao mellor actor revelación por 'Mar adentro'. Ademais, pelexará polo seu galardón o filme de animación 'P3K Pinocho 3000', da factoría Filmax, e 'Minotauromaquia', de Paulo Etcheverry, farao por ser a mellor curtametraxe de animación. E que engadir as 12 candidaturas máis de 'Mar Adentro', o filme de coprodución galega e baseado na vida do sonense Ramón Sampedro, e as dúas de 'Romasanta', de Filmax, a fita que conta a historia do lobishome de Allariz.

- 17:03 14/12/2004
Tags:

A cerimonia de entrega dos premios Goya terá lugar o 30 de xaneiro, en Madrid.

LISTAXE COMPLETA DE CANDIDATURAS

Mellor película
Mar Adentro
A mala educación
Roma
Tiovivo c.1950

Mellor director
Pedro Almodóvar (A mala educación)
Alejandro Amenábar (Mar Adentro)
Adolfo Aristarain (Roma)
Carlos Saura (O sétimo día)

Mellor director debutante
Santi Amodeo (Astronautas)
Ramón de España (Fai comigo o que queiras)
Paolo Malo (Frío sol de inverno)
Vicente Peñaranda (Fóra do corpo)

Mellor actriz protagonista
Ana Belén (Cousas que fan que a vida pague a pena)
Pilar Bardem (María querida)
Penélope Cruz (Non te movas)
Lola Dueñas (Mar Adentro)

Mellor actor protagonista
Javier Bardem (Mar Adentro)
Eduard Fernández (Cousas que fan que a vida pague a pena)
Eduardo Noriega (O lobo)
Guillermo Toledo (Crime ferpecto)

Mellor actriz de reparto
Mabel Rivera (Mar Adentro)
Silvia Abascal (O lobo)
Victoria Abril (O sétimo día)
Mercedes Sampietro (Inconscientes)

Mellor actor de reparto
Celso Bugallo (Mar Adentro)
Juan Diego (O sétimo día)
Unax Ugalde (Héctor)
Luis Varela (Crime ferpecto)

Mellor actriz revelación
Mónica Cervera (Crime ferpecto)
Nuria Gago (Héctor)
Teresa Hurtado (Astronautas)
Belén Rueda (Mar Adentro)

Mellor actor revelación
Tamar Novas (Mar Adentro)
José Luis García Pérez (Cachorro)
Nilo Mur (Héctor)
Jorge Roelas (Tiovivo c. 1950)

Mellor guión orixinal
Alejandro Amenábar e Mateo Gil (Mar Adentro)
Adolfo Aristarain, Mario Camus e Kathy Saveedra (Roma)
J. A. Esteban, M. Madji e C. López (Horas de luz)
Joaquín Oristrell, D. Haari e T. de Pelegri (As voces da noite)

Mellor guión adaptado
Jaime Chávarri e Eduardo Mendoza (O ano do dioivo)
José Rivera (Diarios de motocicleta)
M. Mazzantini e S. Castellitto (Non te movas)
Salvador García Ruiz (As voces da noite)

Mellor música orixinal
Serxio Moure (Inconscientes)
Alejandro Amenábar (Mar Adentro)
Angel Illarramendi (Héctor)
Roque Baños (O maquinista)

Mellor canción orixinal
‘Atunes en el paraíso’ de Javier Ruibal (Atún e chocolate)
‘Corre’ de Bebe (Incautos)
‘La rubia de la cuarta fila’ de Joaquín Sabina (Isi/Disi)
‘Zambie Mameto’ de Brown/Mateus (O milagre de Candeal)

Mellor dirección de produción
Emiliano Otegui (Mar Adentro)
Esther García (A mala educación)
Juanma Pagazaurtundua (Crime Ferpecto)
Miguel Torrente e Cristina Zumárraga (O Lobo)

Mellor fotografía
Javier Aguirresarobe (Mar Adentro)
Javier Salmones (Romasanta)
José Luis Alcaine (Roma)
Raúl Pérez Cubero (Tiovivo c.1950)

Mellor dirección artística
Antxón Gómez (A mala educación)
Benjamín Fernández (Mar Adentro)
Gil Parrondo (Tiovivo c.1950)
Rafael Palmero (O sétimo día)

Mellor deseño de vestiario
Ivonne Blake (A ponte de San Luis Rey)
Lourdes de Orduña (Tiovivo c.1950)
Sabine Daigeler (Inconscientes)
Sonia Hurtado (Astronautas)

Mellor maquillaxe e perruquería
Joann Allen e A. Puigcerber (Mar Adentro)
Karmele Soler (Inconscientes)
P. Almenara e A. López (Tiovivo c.1950)
S. Sánchez e P. Rodríguez (Seres queridos)

Mellor montaxe
A. Reina (Frío sol de inverno)
G. Maldonado (O Lobo)
Iván Aledo (Incautos)
J. M. Biurrum (Horas de luz)

Mellor son
A. Mármol e P. Ghislain (Isi/Disi)
P. Lorrain, J. Fernández e P. Aledo (Incautos)
R. Steinberg, A. Raposo, X. Ferro e M. Steinberg (Mar Adentro)
S. Burmann, J. Fernández e C. Schmukler (Crimen ferpecto)

Mellores efectos especiais
Molina, Martí, Ribé e Aragonés (Romasanta)
Abades, Pascual e Lorenzo (O Lobo)
J. Molina e F. Berges (Crime Ferpecto)
Molina, Acosta e Sánchez Herrera (Torapia)

Mellor filme de animación
'P3K Pinocho 3000'
Os balunis na aventura da fin do mundo
Supertramps

Mellor filme estranxeiro de fala hispana
Luna de Avellaneda, de Juan José Campanella (Arxentina)
Machuca, de Andrés Wood (Chile).
O rei, de Antonio Dorado (Colombia).
Whisky, de Pablo Stoll (Uruguai).

Mellor filme europeo
Sendo Julia, de István Szabó (Canadá-Hungría)
Contra a parede, de Fatih Akin (Alemaña-Turquía)
A moza da pérola, de Peter Webber (Reino Unido)
O señor Ibrahim e as flores do Corán, de François Dupeyron (Francia).

Mellor filme documental
De nenos, de Joaquín Jordá
O milagre de Candeal, de Fernando Trueba
Hai motivo, de varios autores
Salvador Allende, de Patricio Guzmán.

Mellor cortometraje de ficción
Amigo no gima, de Iñaki Peñafiel
Cara suxa, de Santiago Zannou Badillo
Dez minutos, de Alberto Ruiz Rojo
A rota natural, de Alex Pastor
Venres, de Xavi Puebla

Mellor cortometraje documental
Aerosol, de Miguel Angel Rolland
O mundo é teu, de José María Borrell
Minuteiro, de Elio Quiroga
Extras, de Ana Serret
Ivan Z, de Andrés Duque

Mellor cortometraje de animación
Minotauromaquia (Pablo no labirinto), de X.Paulo Etxeverry
O enigma do neno croqueta, de Pablo Llorens
The trumouse show, de Julio Robledo
Voa por min, de Carlos Navarro

Goya de honra
José Luis López Vázquez


0/5 (0 votos)