Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AXUSTADA VOTACIÓN

O parlamento vasco vota o Plan Ibarretxe

A Proposta do Goberno Vasco para a Convivencia en Euscadi, coñecida como Plan Ibarretxe, vótase hoxe na súa totalidade no parlamento vasco logo de 14 meses de tramitación. A votación terá lugar nunha comisión formada por 18 membros, dos cales 9 apoian o plan e 9 están en contra. No caso de empate, aplícase o voto ponderado en función da composición da cámara: 36 deputados do goberno (PNV, EA e EB) tripartito e 39 da oposición (PSE, PP, Batasuna e UA). No caso de que o goberno perda a votación, o texto reenviarase ao pleno do parlamento vasco previsto para o día 30 deste mes de decembro.

- 08:54 20/12/2004
Tags:


0/5 (0 votos)