Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PORTAVOCES DO VATICANO LEMBRAN QUE "É CONTRARIO Á MORAL CATÓLICA"

O bispado español admite o preservativo para loitar contra a SIDA

A abstinencia sexual é o "método" recomendado pola xerarquía católica para loitar contra a SIDA e o preservativo "é un medio que a moral católica reproba". Así o afirmou un representante do Vaticano despois de ser preguntado polas declaracións do secretario xeral da Conferencia Episcopal, Juan Antonio Martínez Camino, nas que afirmaba que os condóns "teñen o seu contexto nunha prevención integral e global da SIDA", admititu o secretario xeral da Conferencia Episcopal, Juan Antonio Martínez, logo dunha xuntanza coa ministra de Sanidade, Elena Salgado. O Opus Dei pediulle a Conferencia Episcopal que poña por escrito estas declaracións e lembrou que "a Igrexa católica ten unha concepción absoluta destas cuestións".

- 18:00 19/01/2005
Tags:

O voceiro dos bispos recoñeceu os "prexuízos" cos que a Igrexa vén afrontando este debate nos últimos anos, e asegurou que a Igrexa está "moi preocupada por un problema de saúde pública que mata millóns de persoas". Aínda así, Martínez Camino explicou que a nova posición quere enmarcarse en propostas "científicas" coma a aparecida na prestixiosa publicación científica The Lance, que nun intento de deseñar "unha base común no contorno de diferentes escenarios sociais e culturais" propuxo a denominada "estratexia preventiva ABC. A letra A pola abstinencia sexual, a B pola fidelidade, do inglés be faithful e a C pola recomendación do uso do condón"

Lembrámoslles que dende o programa da ONU contra a SIDA tense criticado a postura oficial do Vaticano neste debate, acusando á Igrexa católica dunha irresponsabilidade "que custa millóns de vidas". "Cando os sacerdotes predican contra o uso dos medios de contracepción están cometendo unha falta moi grave que custa vidas humanas", acusou o seu director hai un par de anos, "nin sequera lles pedimos que promovan o uso do preservativo, só que deixen de prohibir que se use". The Guardian publicou unha reportaxe onde achegaba probas de como misioneiros católicos difundían entre as comunidades nas que traballaban a idea de que os condóns "teñen poros por onde deixan pasar o virus". A OMS extendeu esa acusación a sacerdotes e monxas católicos de todo o mundo.


Ligazóns

0/5 (0 votos)