Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FESTIVAL DE SUNDANCE

"Mar adentro" gaña os Goya e "Cama adentro" destaca en Sundace

O adverbio "adentro" gústalle aos xurados de cinema. Alén do arrasador éxito do drama de Amenábar, o filme Cama adentro, do arxentino Jorge Gaggero e coproducido por Filmanova, a productora dirixida por Antón Reixa, recibiu un dos Premios Especiais do Xurado no Festival de Sundance, no apartado adicado ao cinema do mundo. Nesa categoría, o Grande Premio do xurado foi a mans de Zezé Gamboa por O herói, un filme de produción angolana, portuguesa e francesa. Amais, segundo nos informa Martin Pawley, outra das coproducións de Filmanova, "Un día en Europa", de Hannes Stöhr, vai a concurso ao Festival de Berlín. Entre os actores, un tal Miguel de Lira. O ponto de partida, unha final de Champions League entre o Galatasaray e o Dépor...

- 09:27 31/01/2005
Tags:


0/5 (0 votos)