Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PAPELEIRA

As cifras en xogo

O atraso na construcción da planta nun momento en que a competencia no sector está a piques de poñer en marcha varios proxectos, é un dos argumentos cos que ENCE viña poñéndolle límite no tempo ao conflito sobre a nova fábrica e ameazando non construíla. Á luz dos bos resultados que o grupo empresarial vén asinando, semella difícil que vaia renunciar a un proxecto co que arrepañaría unha boa cota de mercado.

- 12:37 02/02/2005
Tags:

O volume de negocio que ENCE agarda acadar anualmente coa nova fábrica é de 42 millóns de euros, con previsión de que a metade incidise directamente na comarca de Pontevedra, e un gasto en salarios de 9,5 millóns de euros, o 75% previsíbelmente aos petos de traballadores pontevedreses

O número de postos de traballo directos sería de 184, e o proxecto prognostica que serían xerados outro cento de postos indirectos.

O investimento inicial sería de 132 millóns de euros, asumidos respectivamente pola propia ENCE, nun 30%, Georgia Pacific, nun 60%, e a Xunta a través de Xesgalicia, nun 10%. A producción anual nunha primeira fase sería de 60.000 toneladas.

Por outra banda, contámoslles que ENCE, que xa aumentara os beneficios un 45% no 2003, só nos nove primeiros meses do 2004, subira o seu beneficio neto nun 22% sobre o mesmo período do ano anterior, cun total de 38,4 millóns de euros.


Ligazóns

0/5 (0 votos)