Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INVESTIDURA OFICIAL EN URUGUAI

Tabaré Vázquez reforza a viraxe á esquerda en Sudamérica

"Os máis pobres deste país perderon moito, e a eles hai que devolverlles máis, e máis axiña. Para iso é o plan de emerxencia. Non se trata dun acto de caridade. É un deber para os que teñen o dereito de seren asistidos". Vázquez subliñou no seu primeiro discurso coma presidente o plan social que, a imaxe do "Fame Cero" brasileiro, quere garantir uns mínimos de alimentación para todo o pobo uruguaio e resolver as eivas sanitarias e educativas, máis fondas logo da recente crise económica atravesada polo país. "Queremos ir moito máis lonxe de onde vimos", afirmou o novo mandatario. Convidados ao acto, os presidentes de Brasil, Venezuela, Arxentina ou Chile enmarcaron o cambio en Uruguai dentro dun escenario de transformación global no continente. "Está xurdindo unha revolución democrática", opinou o presidente venezuelano, Hugo Chávez.

  • Anteriores: O primeiro goberno de esquerda para Uruguai

  • - 09:21 02/03/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)