Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN PROXECTO A "AL IASIRA" SUDAMERICANA

Telesur: a construción dunha alternativa informativa para latinoamérica

O que se anuncia coma primeiro proxecto "contrahexemónico" de comunicación no eido televisivo en Sudamérica ten previsto botar a andar o próximo mes de maio. A iniciativa é promovida dende o goberno venezuelano, motivo polo que algúns críticosa a cualificaron coma "Tele-Chávez". Arxentina, Brasil e Uruguai decidiron xa unirse á idea da que quere ser alternativa á CNN no continente, mirándose no espello da pluralidade que no seu momento Al Iasira conseguira para o mundo árabe.

- 12:42 02/03/2005
Tags:

"Nace da necesidade de darlle voz aos latinoamericanos no medio dun feixe de pensamento e imaxe únicos", explica para o diario mexicano La Jornada o xornalista Aram Aharonian, que será director xeral da canle, "da urxencia de vérmonos cos nosos propios ollos e darlle solucións propias aos nosos problemas", explica, "se non comezamos por aí, o soño da integración latinoamericana non vai ser máis ca un saúdo á bandeira".

Telesur quere rachar o monopolio informativo na rexión da CNN e Univisión, e ademais de Venezuela, achegan capital para a creación da empresa dende Brasil, Arxentina e Uruguai. A canle terá sede en Caracas. Os promotores subliñan que tratarán de "buscar o protagonismo dos movementos sociais, da xente, das comunidades, dos pobos".


Ligazóns

0/5 (0 votos)