Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A REDE MOBILÍZASE CONTRA A POSIBILIDADE DO CANON

O ministerio de Cultura prepara unha taxa "por se acaso" ás conexións a internet

Fronte ás dificultades de entrar a controlar o uso que os internautas fan das súas conexións a internet, a Sociedade Xeral de Autores propuxo contra a piratería a posibilidade de cobrarlle unha taxa ás operadoras por cada unha das conexións por banda larga que teñan contratadas. A medida estaría tratando de ser introducida polo ministerio de Cultura, malia a inicial oposición dende Industria. Dende a rede xurde xa o aviso do freo ao desenvolvemento da sociedade da información que implicaría unha taxa que a bo seguro faría subiría o prezo que os usuarios pagan por conectarse, xa entre as máis altas de Europa.

- 11:44 10/03/2005
Tags:

Nunha liña semellante á xa promovida e conseguida cos Cds, a SXAE quere que as liñas de acceso a internet por banda larga sexan sometidas ao cobro dunha taxa a maiores do propio prezo da conexión que compense aos autores polo elevado tráfico de arquivos entre usuarios nas redes P2P. No ministerio de Cultura, moi receptivo nos últimos tempos ás peticións do colectivo de autores, traballan xa no deseño dunha proposta neste sentido para a introducción na eventual reforma da Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico ou ben por vía da próximo regulamento sobre dereitos de autor que debe desenvolver a diretiva europea ao respecto.

Xustos e pecadores contribuirían así ao financiamento da caixa da SXAE independentemente do uso que fagan das súas conexións a internet. "Xa pagamos canon compensatorio por copia privada nas nosas gravadoras, e malia iso impóñennos un canon redundante e innecesario nos soportes ópticos que usamos para gravar tanto cancións coma fotos ou traballos escolares ou profesionais", critican os promotores dunha campaña de protesta na rede.


Ligazóns

0/5 (0 votos)