Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGUNDO ANIVERSARIO DENDE O PRIMEIRO ATAQUE

Iraq: unha guerra sen pechar dous anos despois do inicio da invasión

As maiores reservas mundiais despois de Arabia Saudí, cun potencial de producción diario de 1,5 millóns de barrís de petróleo, foron clave para o ataque estadounidense a Iraq. Dous anos despois, o propio Bush fai brincadeiras sobre as presuntas armas de destrucción masiva do rexime de Sadam Hussein, nunca aparecidas, mentres o número de militares mortos pasa dos 1.500. No segundo plano, os milleiros de civís mortos neste tempo. E no medio da crecente violencia no país, o novo Parlamento tivo esta semana a súa primeira sesión, sen acadar consenso para o reparto de poder e cun incerto futuro marcado polo estreito control de todas as decisións dende a administración USA.

  • Anteriores: A reconstrución de Iraq, "o maior escándalo de corrupción da historia"
  • Non hai datos oficiais, pero o Instituto John Hopkins calcula que dende a invasión morreron 100.000 civís en Iraq
  • Especial de Vieiros: A Conquista de Iraq

  • - 09:18 18/03/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)