Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
TEATRO

Patricia Vázquez e Nuria Sanz estrean 'Hotel Run' no Principal

As actrices representarán os días 30 e 31 de marzo, no Teatro Principal de Santiago, a peza Hotel Run da compañía Produccións Teatrais Excéntricas. En Hotel Run, Patricia Vázquez e Nuria Sanz, encarnan a dúas irmáns que se ven obrigadas a espallar as cinzas do seu pai falecido nun curioso lugar, un hotel de moi dubidosa reputación.

- 17:11 28/03/2005
Tags:

As dúas irmáns pasan xuntas toda unha noite na que descobren que son completamente opostas e na que se precisarán complementarse para superar as situacións que se lles presenten. Patricia Vázquez e Nuria Sanz son dúas actrices cunha ampla traxectoria profesional que agora se suman ao proxecto Produccións Teatrais Excéntricas SL tralo que están un conxunto tan coñecido como Mofa e Befa (Víctor L. Mosqueira, Evaristo Calvo, Piti Sanz e Quico Cadaval, aos que agora se suma Carme Varela como produtora).


0/5 (0 votos)