Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NA REDE

Sitios web en camiño de santidade

Están as páxinas internáuticas que visita vostede habitualmente tocadas pola beizón divina ou forman parte da beira escura da forza? Inescrutábeis carreiros matemáticos son usados pola web da que lles contamos, Gematria , para determinar o grao de santidade non só dunha web, senón tamén dun texto calquera. Entre os criterios, inspirados en patróns bíblicos, están a asignación de valores a cada letra, o número de palabras que comezan con vocal e a cantidade dos datos rastrexados que son divisíbeis entre 7, o "número de Deus". Nunha pequena sondaxe que realizamos, atopamos á Xunta e o Vaticano nos primeiros postos da lista do "eixo do ben": 1% de "maldade" e 99% de "bondade".

- 11:41 01/04/2005
Tags:


0/5 (0 votos)