Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ARMADORES DE TODA A UE DEBATEN AS PROPOSTAS

A Xunta critica que o goberno central privilexie a candidatura de Madrid para o "comité de augas afastadas"

O peso da flota galega en augas exteriores semella non ser argumento abondo para que o executivo propoña unha sede galega do Comité Consultivo Rexional de Augas Exteriores. Paradoxalmente, a secretaría xeral de Pesca Marítima, co galego Juan Carlos Martín Fragueiro á fronte, defenderá este mércores que Madrid acolla este organismo.

- 09:15 06/04/2005
Tags:

O conselleiro de Pesca, Henrique López Veiga, remitiulle á ministra de Agricultura e Pesca, Elena Espinosa, unha carta de queixa pola falta de apoio a que Galiza sexa sede deste Comité. Segundo a consellería, o feito de que a costa galega concentre a maioría da flota implicada debera ser argumento para apoiar unha decisión que doutro xeito será "discriminatoria".

Por este motivo, o conselleiro anunciou que o goberno galego non apoiará a candidatura de Madrid, proposta polo ministerio, e que en protesta retira a súa propia candidatura. Dende a Xunta critican que non se teña en conta "a importancia estratéxica do apoio ao sector pesqueiro galego, coas súas necesidades de internacionalización e mellora de competitividade". A nivel estatal, Euscadi presenta tamén petición para acoller esta institución.


Ligazóns

0/5 (0 votos)