Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

900 millóns de euros por unha mina no camiño da vía

O secretario xeral do PSOE, Xosé Blanco, denunciou este luns un "posíbel pelotazo" presuntamente preparado polo PP arredor das obras do AVE galego. Como parte do retruque das acusacións de incumprimentos sobre infraestruturas, o socialista insinuou escuros intereses na reclamación de 895 millóns de euros que realiza a empresa propietaria dunha mina de cuarzo que ocupa predios que forman parte do treito previsto para o paso da vía entre Santiago e Ourense. "Que aclaren por que teñen tanto interés en que o Estado pague dez veces máis do que custa esa mina", pediu Blanco. Dende o PPdeG cualificaron de "patética" a acusación, ao fío da que o responsábel de infraestruturas, Juan Casares, subliñou que "o campións do pelotazo é en España e Europa o PSOE" Máis no Diario de Titulares.

- 07:02 12/04/2005
Tags:


0/5 (0 votos)