Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VÁZQUEZ REVELA QUE TOURIÑO PROMETEU NON VOTAR EN CONTRA

O PSdeG facilitará a volta do 'L' ao topónimo coruñés

"Comuniqueille oficialmente á Xunta fai días e a través de dous conselleiros, que por parte do PSOE non haberá oposición á presentación do proxecto", asegurou este luns o alcalde da Coruña ao respecto da posibilidade de reformar a lexislación vixente para legalizar a forma La Coruña ao tempo que cualificaba de paradoxal o recente recurso presentado dende o executivo autonómico ao pleno do Concello que reintroducía o ele. Francisco Vázquez dixo ter o compromiso de Fraga para que isto vaia adiante, así como a garantía de que os parlamentarios do PSdeG non votarían en contra e, en último caso, optarían pola abstención. Ao respecto, o secretario xeral dos socialistas matizou que non existe un compromiso definitivo. Vázquez pide que a modificación se debata no Parlamento antes da fin desta lexislatura. Máis en Galego.org.

- 07:02 12/04/2005
Tags:


0/5 (0 votos)