Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INICIO DA SUBCOMISIÓN NO CONGRESO

Sen xuíz para o caso Prestige

Camiño dos tres anos logo do afundimento do Prestige, as máis de vinte milleiros de páxinas arredor das reviravoltas empresariais vencelladas coas responsabilidades sobre o petroleiro que tinguiu de chapapote as costas galegas agardan nos arquivos do xulgado de Corcubión. Logo de que o xuíz instructor da causa dende o comezo, Javier Collazo, marchase a Lugo cun ascenso, ningún compañeiro da carreira xudicial quixo solicitar a praza vacante na localidade coruñesa. Por outra banda lembrámoslles que nesta altura, agárdase para este mércores que comece o traballo da subcomisión constituída no Congreso para o seguemento das consecuencias do accidente, compromiso do executivo fronte ás demandas do BNG no debate de investidura do presidente do goberno.
Especiais de Vieiros:

  • A negra sombra do Prestige
  • Un ano de loito
  • Estamos preparados para afrontar outro Prestige?

  • - 07:10 13/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)