Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS VASCAS 2005: ENTRE A NEGOCIACIÓN E A CONFRONTACIÓN

A abstención pode ser 12 puntos maior ca nas eleccións de 2001

Terceira vaga de datos oficiais de participación: ás 7 da tarde e cunha estimación sobre participación definitiva, a conselleira de interior do goberno vasco anunciou que votara arredor do 66% do electorado en Araba e Biscaia e un 67% en Guipúscoa, case 12 puntos por baixo da porcentaxe de participación nas autonómicas de 2001. A abstención perfílase como un dos elementos a ter en conta na análise dos resultados. As expectativas de participación sitúanse por debaixo das eleccións vascas de 1998 e 2001. Neste último ano a abstención só chegou ao 19,5% do electorado. Case 1 millón 800 mil cidadáns vascos están chamados hoxe a participar nas eleccións nas que elixirán os deputados para o novo parlamento. Deles, a inmensa maioría residen no territorio da actual Comunidade Autónoma Vasca, só 38.265 viven fóra. Máis de 50 mil electores xa votaron por correo. A consellaría do Interior espera ofrecer datos fiábeis, arredor do 50% do escrutinio, a partir das 9 e media da noite, hora e media despois do peche dos colexios. É probábel que sobre as 10 e media da noite xa se coñezan os resultados case o cen por cento.

  • As institucións, partidos e candidatos e os especiais de prensa e bitácoras
  • O que prognostican as sondaxes
  • Apuntamentos dunha campaña electoral, en Vieiros Euscadi

  • - 18:00 17/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)