Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS ANTE OS RESULTADOS ELECTORAIS EN EUSCADI

Palmou acusa a Zapatero da "presenza de ETA" no parlamento

O secretario xeral do Partido Popular de Galiza, Xesús Palmou, acusou ao goberno de Zapatero da "presenza de ETA e Batasuna" no novo parlamento vasco "pola súa inactividade, xa que puido telo impedido". Para Palmou, os 9 deputados de EHAK non estarían sentados no parlamento vasco se o goberno español ilegalizase esa formación política. Por outra parte, Palmou achacou a abstención ao "desencanto" da poboación co goberno de Ibarretxe, "que non conseguiu ilusionar co seu Plan e, por tanto, retrocede". Para o secretario xeral do PPdeG os resultados amosan "unha radicalización do voto nacionalista" e conducen a que "a situación de gobernabilidade resulta difícil".

- 20:41 17/04/2005
Tags:


0/5 (0 votos)