Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS ANTE OS RESULTADOS ELECTORAIS EN EUSCADI

Varela: "É o tempo do diálogo"

O secretario de organización do PSdeG-PSOE, Ricardo Varela, asegurou, en declaracións á Radio Galega, que "se abre agora un período no que a política ten que escribirse con maiúscula" no País Vasco. Varela valorou positivamente os resultados do seu partido, que recupera a segunda posición no escenario vasco e logra 5 deputados máis ca hai catro anos. O secretario de organización do PSdeG pensa que a proposta do Plan Ibarretxe recibiu un castigo nas urnas e que "so desde o diálogo, desde unha ampla maioría no parlamento de Euscadi" se pode sacar adiante un novo estatuto de autonomía.

- 20:47 17/04/2005
Tags:


0/5 (0 votos)