Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS ANTE OS RESULTADOS ELECTORAIS EN EUSCADI

Bugallo destaca que Euscadi vota en clave nacionalista

A adxunta á portavocía nacional do BNG, Ánxela Bugallo, felicitou á coalición PNV-EA pola "confianza" que o pobo vasco depositou nela e destacou que os seus 29 escanos indican o desexo da sociedade vasca de "afondar no autogoberno". Bugallo subliñou que os resultados "arroxan novamente" unha nova maioría nacionalista no País Vasco, xa que a suma da porcentaxe do voto nacionalista é do 53%. "O BNG espera que estes resultados sirvan para unha normalización da vida política en Euscadi e desexamos o mellor dos futuros posíbeis para esta sociedade que consideramos irmá". Bugallo rexeitou extrapolar estes resultados ás vindeiras eleccións galegas: "nin o mapa político, nin o de partidos, nin a situación política de ambas nacións é igual".

- 20:54 17/04/2005
Tags:


0/5 (0 votos)