Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EUSCADI 2005

De quen eran os votos que quedaron na casa?

Condicionados polo descenso de participación, un 10% máis de abstención respecto ao 2001, e polo desigual reparto de escanos respecto ao total da poboación, que posibilita conseguir un escano en Araba coa cuarta parte dos votos ca en Biscaia, da análise polo miúdo dos resultados poden extraerse algúns datos significativos sobre o novo reparto de escanos. Así, o Partido Socialista gaña cinco escanos malia que o seu ascenso en voto real se reduciu a só 19 mil papeletas máis. Deste xeito, non serviría a teoría do presunto trasvase de votos dende o PP, para o que a perda de catro escanos vén dada pola caída de 118 mil votos respecto ás cifras do 2001. Ao tempo, EHAK obtén uns resultados practicamente idénticos aos de Batasuna hai catro anos, daquela foran 143 mil votos e desta 150 mil, aínda que desta volta sérvenlle para aumentar en dous escanos a representación acadada pola vella EH. Pola súa banda, a desmobilización semella terlle afectado ao PNV aínda máis ca o PP, coa perda de 140 mil votos.

- 07:03 18/04/2005
Tags:


0/5 (0 votos)