Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS RESULTADOS NAS CIDADES

Donostia e Bilbo para o PNV e Gasteiz para o PSE

Vinte mil votos perdeu a coalición PNV/EA en Bilbo, cidade que goberna, mantendo en todo caso a confianza do 35,9% dos votantes, a moita distancia do 24,1% do PSE, que con cinco mil votos máis pasa á segunda posición por riba do PP, que baixa dun 30 a un 23,1% de apoio, 24 mil votos menos. En Donostia, onde é alcalde o socialista Odón Elorza, os socialistas colleitaron dous mil votos máis, malia que a súa suba porcentual á segunda posición se explica polo retroceso de PNV, 13 mil votos menos, e do PP, que perden dez mil apoios. No total, a coalición de Ibarretxe mantén aquí o 32,9% das papeletas e EHAK obtén o seu mellor resultado entre as capitais dos territorios históricos, co 12,6% do voto. Tres milleiros máis de votos do efecto Zapatero déronlle o liderado aos socialistas vascos na capital de Araba, concedéndolle o 28,7% do total de apoios. Mentres, PP e PNV perdían 15 e 9 mil votos respectivamente, pasando a xuntar no caso dos populares o 28,1% das preferencias dos electores, logo de gañar hai catro anos nesta cidade.

- 08:26 18/04/2005
Tags:


0/5 (0 votos)