Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOS TERRITORIOS HISTÓRICOS

Guipúscoa asenta o éxito de EHAK

A lista que colleitou os votos da ilegalizada Batasuna obtivo os seus mellores resultados en Guipúscoa, onde ao longo da noite mesmo semellaba ir desputarlle a segunda posición aos socialistas. Finalmente quedou só un par de puntos por baixo do PSE, 18,3 fronte a 20,2%, oito mil votos menos, cunha suba para os de Patxi López de catro mil votos respecto aos datos do 2001. Porcentualmente, aquí rexistrouse a maior caída para os populares, que pasan a representar o 13,2% do electorado, perdendo 31 mil votos. Forte foi tamén a baixa de PNV/EA, que malia manter un sólido 38,2% do voto, perde 56 mil apoios. A lista de EHAK foi a máis votada en algo máis dunha ducia de pequenos concellos da área guipuscoana.

- 08:42 18/04/2005
Tags:


0/5 (0 votos)