Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GALICIALE

Festival de cinema galego en Berlín

Galiciale, un festival de cinema galego é o nome baixo o que os días 22 e 29 de abril se proxectarán no Nickelodeon de Berlín unha serie de películas galegas como O camiño das estrelas de Chano Piñeiro, 13 badaladas de Xavier Villaverde ou A boa caligrafía do lalinense Álex Sampaio.

- 10:11 19/04/2005
Tags:

Este 'minifestival' é o primeiro de cinema galego que se celebra na capital alemá e vai ter lugar durante dous venres, o 22 e o 29 de abril. Ademais da proxección de filmes, haberá tempo para pronunciar conferencias, entrevistar aos directores (Álex Sampaio será un dos que asista ao Galiciale) e mesmo para degustar a gastronomía galega.

Os coloquios que terán lugar logo de cada sesión produciranse en alemán e galego e as películas, que se proxectarán na versión orixinal, subtitularanse ao inglés ou ao alemán. E a encargada de abrir o Galiciale será O camiño das estrelas de Chano Piñeiro á que acompañará na primeira xornada Urxa de Carlos L. Piñeiro, que se desprazará a Berlín.

O día 29 proxectaranse tres filmes: Coco e Bobo de paseo pola realidade de José Díaz, A boa caligrafía de Álex Sampaio e 13 badaladas de Xavier Villaverde.


0/5 (0 votos)