Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

O BNG aposta pola creación dunha vicepresidencia de Igualdade

O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, presentou as liñas mestras sobre as que xirará o programa da formación política para as eleccións autonómicas. Unha das prioridades dos nacionalistas será fomentar a igualdade entre homes e mulleres e, nese sentido, Anxo Quintana avanzou que, se alcanza a presidencia da Xunta, creará unha vicepresidencia de Igualdade.

- 08:20 26/04/2005
Tags:

A vicepresidencia de Igualdade sería un cargo que ocupará unha muller e que ten como misión ser a responsable de coordinar todas as políticas de igualdade e de redistribución de oportunidades entre homes e mulleres, segundo explicou o candidato nacionalista á Xunta. "Non pode ser que Galicia sexa a comunidade do Estado co grao de precariedade laboral feminino máis alto", dixo Quintana.

Apostou, ademais, por un cambio nacionalista na presidencia e lembrou que nestes comicios só hai dúas alternativas, "a dos que reciben ordes de Madrid", en alusión a Fraga e a Touriño, "e a dos que miran por Galicia", en referencia ao BNG. "Votarase en clave galega ou en clave de Madrid", explicou o candidato.


0/5 (0 votos)