Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FRACASO NAS NEGOCIACIÓNS DO CONVENIO COLECTIVO

Os traballadores da CRTVG irán á folga para demandar mellores condicións laborais

O comité interempresas da Compañía da RTVG convocou aos traballadores dos medios públicos de comuniciación autonómicos a unha folga que terá lugar en sete días diferentes durante a precampaña, a campaña e o día das eleccións. A folga, aprobada por unanimidade dos representantes da CIG, CC.OO., UXT e USO no comité, é a resposta dos traballadores ante o fracaso das negociacións sobre o convenio colectivo coa dirección da CRTVG.

- 15:17 11/05/2005
Tags:

Os representantes dos traballadores consideran "insuficiente" a oferta da dirección de convocar 77 novas prazas e reclaman 176. Lembraron non só que unha gran parte do persoal da CRTVG está en situación laboral precaria, contratado a través de ETTs ou terceiras empresas, senón que desde o ano 1992 non se convocan oposicións para cubrir os postos de traballo.

O primeiro dos paros convocados será o vindeiro 25 de maio. Entre os días 2 e 3 de xuño está previsto realizar ademais unha folga de 24 horas entre as 10 da noite do día 2 e a mesma hora do día seguinte.


0/5 (0 votos)