Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

O PP acusa ao PSdeG de adxudicar emisoras de radio "no día de reflexión"

O secretario de Organización do PPdeG, Alejandro Gómez Alonso considerou "traxicómico" que Touriño critique a viaxe de Fraga a Arxentina e Uruguai, cando o candidato socialista é "precisamente o campión da instrumentalización política das institucións".

- 15:53 12/05/2005
Tags:

Nese sentido, lembrou a constante utilización política que fai Touriño dos ministerios e dos seus titulares en actos da súa campaña, e lembrou especialmente a recente viaxe do secretario do PSdeG a Arxentina, "na que foi de adlátere do ministro Caldera, aproveitou como acto de campaña a sinatura dun convenio nada beneficioso para os galegos e chegou a remitir aos emigrantes que convocou por motivos institucionais panfletos de propaganda sobre a súa figura e coas siglas do seu partido".

Respecto ao anuncio do candidato socialista de anular os concursos de licencias de radio e televisión dixital convocados polo actual goberno da Xunta , o Partido Popular garantizou que este proceso se desenvolverá "con absoluta transparencia e publicidade". "Nós non queremos ter que levar para sempre unha pesada carga como a que soporta o Partido Socialista, que foi quen de adxudicar emisoras de radio durante a xornada de reflexión das eleccións de 1989, cando presidía o tripartito e sabía que tiña tódalas de perder", manifestou Alejandro Gómez.


0/5 (0 votos)