Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVO PANORAMA AUDIOVISUAL

A Xunta afirma que o CPXG responde a "descoñecidos intereses políticos"

A Consellería de Cultura pouco tardou en replicar o comunicado do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia no que critica a concesión de novas canles de radio e televisión en pleno proceso electoral. A Xunta xustifica a convocatoria dos concursos neste momento en que o prazo para a súa adxudicación remata o catro de agosto. Segundo unha nota do departamento de Pérez Varela, de non resolverse os concursos antes desa data "a implantación da televisión dixital en Galicia retrasaríase varios anos".

- 16:30 18/05/2005
Tags:

A Consellería de Cultura tamén engade no seu comunicado que é "absolutamente falso que o Goberno central teña ampliado o prazo de adxudicación ata o vindeiro 31 de decembro" e que se ben ese é un dos obxectivos da iniciativa lexislativa que agora se tramita en Madrid "aínda lle queda moito camiño por percorrer para a súa entrada definitiva en vigor".

No tocante ao proceso de concurso iniciado hai escasos días, a Xunta puntualiza que o 4 de agosto é unha data coa que vén traballando "de forma transparente e rigorosa desde hai moito tempo" e que a fase de adxudicación é "moi similar" á que se está levando a cabo noutras comunidades españolas.

Ademáis destas aclaracións, o comunicado da Consellería de Cultura ataca duramente ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia ao que acusa de "recurrir á mentira para xustificar as súas críticas ao actual Goberno de Galicia". Na mesma liña a Xunta tamén "lamenta" que o CPXG só se adique a criticar "sen defender as accións de progreso para esta sociedade e respondendo unicamente a uns descoñecidos intereses políticos que o apoian interesadamente".

A polémica está servida.


0/5 (0 votos)