Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECLARACIÓNS A LA OPINIÓN DA CORUÑA

Fran só xogaría de novo se vestise a camisola de Galiza

O xornal coruñés La Opinión publica unha información sobre o capitán deportivista Fran, cando quedan tan só uns días para que o mellor xogador galego dos últimos quince anos aparque definitivamente as botas. Nunhas declaracións a este xornal, o carreirán Fran afirma estar dispuesto a saltar de novo ao campo logo da súa despedida para desputar de forma seria e competitiva un encontro coa selección de Galiza: "Vou estar preparado física e mentalmente para calquera partido ao que me chamen da selección. Se algún día se fai, encantaríame xogar ese partido", afirma o centrocampista do Dépor. Fran sempre estivo apoiando a formación dunha selección galega, que non desputa partidos oficiais dende 1920, e mesmo participou na gravación dunha canción cos Diplomáticos de Monte Alto en apoio do combinado.
• Histórica campaña de Vieiros a prol da selección galega de fútbol.
Siareiros galegos

- 10:57 20/05/2005
Tags:


0/5 (0 votos)