Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FREO ÁS PONTES PARA O DIÁLOGO

O xuíz manda a Otegi ao cárcere

"Fíxose unha proposta de paz, de diálogo, de solución, de chegar a acordos e que o pobo vasco decida á fin, e esa proposta faina Batasuna e un dos seus voceiros vén declarar á Audiencia e o goberno do PSOE a través do ministerio fiscal decide que esa persoa debe ir ao cárcere". Eran palabras este mércores de Jone Goizelaia, ex parlamentaria de Batasuna e avogada de Arnaldo Otegi, o líder da formación ilegalizada, logo de coñecer a orde de ingreso en prisión e a imposición dunha fianza de 400 mil euros. Ao tempo, o xulgado dictou orde de busca e captura para Jon Salaberria, tamén ex parlamentario de Batasuna, quen non se presentou a declarar.

  • "Zapatero tensa a corda": Editorial do xornal Gara, que critica a encarcelación de "quen estaba sendo un dos principais interlocutores políticos para a busca dunha saída razoábel"
  • Poden ampliar no Diario de Titulares

  • - 07:37 26/05/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)