Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VISTO BO NA COMISIÓN

Os deputados votarán, unha vez máis, sobre a supresión das peaxes

A Comisión de Fomento do Congreso dos deputados aprobou a proposición non de lei presentada polo BNG para que o Goberno central negocie coa empresa concesionaria da AP-9, Audasa, a eliminación das peaxes entre Vigo-O Morrazo e A Coruña-A Barcala. A Plataforma pola Supresión da Peaxe de Rande instou ás administracións central e autonómica a solucionar as trabas burocráticas do bono-peaxe e a estendelo aos usuarios do tramo Vigo-Pontevedra, ao transporte de viaxeiros e ás empresas.

- 16:58 01/06/2005
Tags:

A iniciativa do BNG foi aprobada por 24 votos a favor con 15 abstencións por parte dos representantes do PP e nela incluiuse como segundo punto un texto presentado polos socialistas. O deputado nacionalista Francisco Rodríguez recordou que en ambos tramos "son peaxes de gran impacto social xa que que se trata de accesos ineludibles para moitos traballadores que teñen que ir a diario ás cidades de Vigo e da Coruña e que non teñen outra alternativa que pasar por esa vía".

Pola súa parte, o presidente da Plataforma pola Supresión da Peaxe de Rande, Xesús Cancelas, demandou un acordo do Consello de ministros que garanta, con orzamentos e prazos de execución, a proposta que defenden PP e
PSOE para trasladar a peaxe do tramo Vigo-Rande da AP-9 ao vial de nova construción que se proxecta entre Vigo e Pontevedra no horizonte do ano 2010.


0/5 (0 votos)