Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
25 ANIVERSARIO

A illa de San Simón coa gala dos Xerais

Esta fin de semana a literatura vai invadir a illa de San Simón, onde se vai celebrar a entrega de premios que cada ano convoca a Editorial Xerais: o Premio Xerais de Novela e o Premio Merlín de Literatura Xuvenil. Nesta ocasión ademais, a editorial vai celebrar o seu 25 aniversario, un acto que o ano pasado quedara adiado debido ao loito polo accidente do Baía.

- 11:35 10/06/2005
Tags:

Trinta e un escritores e escritoras presentaron as súas novelas, este ano, ao Xerais, que conta cun premio metálico de 15.000 euros, ademais da publicación da obra. Orza e babor, Herba moura e O club da claceta son os títulos aos que responden as obras que o vindeiro sábado compiten polo galardón. E otras tres loitan polo Premio Merlín, dotado con 7.500 euros e ao que se presentaron un total de 27 obras; para o sábado, as finalistas son: Lúa nova, A serpe e Ciconia.

O 25 aniversario da editorial, preparado especialmente para a edición anterior dos premios tivo que esperar a este ano por mor do accidente do Baía. Desta vez, a festa non vai agardar e ao encanto da illa de San Simón hai que sumarlle o desprazamento dos convidados dende o peirao de Redondela ata a illa, as gaitas de Treixadura que amenizarán a cerimonia e a entrega dun premio especial de Cooperación ao Labor Editorial.


0/5 (0 votos)