Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CUMIO G-8

Os movementos sociais tamén participan no Foro de Gleneagles

Asociacións e organizacións civís que se moven contra a pobreza, o cambio climático, o desarme, a cancelación da débeda aos países en desenvolvemento, o comercio xusto e unha maior protección para refuxiados e emigrantes, entre outras causas, están dende o 1 de xullo en Gleneagles (Escocia) para participar tamén coas súas reivindicacións no cumio que as oito potencias mundias celebran na localidade escocesa os días 6, 7 e 8. Manifestacións, camiñadas ata o hotel no que se reúnen os líderes do G-8, accións de alerta sobre o cambio climático, bloqueos das entradas ao hotel, performances ou a intervención da Rebelde, insurrecta e clandestina armada clown son só algúns dos actos que levarán a cabo en Glenegles ata o remate do encontro.

- 09:51 05/07/2005
Tags:

Pero non só en Escocia haberá mobilizacións senón que tamén acompañarán países como Francia, España, Alemaña ou Irlanda. Podes consultar as webs das asociacións que participan na mobilización de Gleneagles, entidades que promoveron a mobilización ao longo do mes de xuño ou ligazóns ao contido de determinadas accións:

  • Disent!
  • Dez Libras
  • Alternativas G8
  • Make Poverty History
  • Cre8 Summit
  • Trident Ploughshares
  • G8 Faslane Blockade
  • Resistencia G8 2005
  • G8 Bloqueos
  • No Deal
  • G8 Acción Feminista
  • People & Planet
  • Trapese
  • G8 Marcha en Bicicleta
  • G8 Apoio Legal
  • The People's Golfing
  • Armada Clown
  • Laboratorio de Imaxinación Insurrecta
  • Médicos en Acción

  • 0/5 (0 votos)