Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XA SON OFICIAIS MÁIS DE 50 MORTOS

Buscan máis cadáveres na estación de King's Cross

O comisario de policía de Londres, Ian Blair, confirmou que os atentados do xoves causaron máis de 50 mortos e explicou que non se pode dar un balanzo definitivo porque hai atrancos para acceder a algúns dos lugares atacados, entre eles, a estación de metro de King's Cross. Pola súa parte, o ministro do Interior, Charles Clarke, recoñeceu que a policía e os servizos de intelixencia británicos carecían de información sobre a posibilidade dunha operación terrorista en Londres. Asegurou que a policía está investigando as circunstancias do atentado e non desbota que fose causado por terroristas suicidas ou que os explosivos fosen activados mediante teléfonos móbiles. Case todas as liñas de metro e autobuses da capital británica están abertas , pero o transporte está restrinxido nas áreas dos atentados. Un día despois de que Londres fose elixida como sede das Olimpiadas de 2012 e mentres os presidentes do G-8 están reunidos perto de Edimburgo, os estouridos provocaron o peche do servizo de metro en toda o centro da cidade. A primeira explosión tivo lugar ás 9:50 horas da mañá (hora galega). Al-Qaeda reivindicou os atentados a través de comunicados a distintos medios de comunicación.

  • Información en directo na BBC e na CNN. Tamén na web do European Strategic Intelligence & Security Center
  • Listaxes de blogs londinenses; bitácora que se está actualizando con información sobre os atentados; outros weblogs onde se debate sobre a explosión; primeiras fotos dos internautas nos escenarios dos ataques; na BBC, relato de testemuñas
  • Blair confirma oficialmente o ataque terrorista
  • Posíbel reivindicación dos atentados por parte de al-Qaeda

  • - 12:53 08/07/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)