Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRIMEIROS DATOS SOBRE A AUTORÍA

Al-Qaeda podería ter reivindicado os atentados

Un grupo que responde ao nome de "Organización secreta de Al-Qaeda en Europa" deixou mensaxe nun "coñecido foro islamista de internet" reinvindicando a autoría dos ataques deste xoves en Londres. Na mensaxe, da que se fai eco o xornal alemán Der Spiegel, o grupo asegura que as accións son "vinganza pola implicación dos británicos nas invasións de Iraq e Afganistán". "Témoslles avisado seguido ao goberno e ao pobo británico", advirten no comunicado onde ademais deixan ameaza "cara ao futuro para os gobernos cómplices de Dinamarca e Italia". A autenticidade desta mensaxe aínda non foi confirmada polos expertos, pero nos últimos meses o mesmo sitio web recolleu anuncios que logo se probaron reais sobre accións de grupos vencellados á rede al-Qaeda, aínda que tamén outras mensaxes que resultaron falsas.

- 12:14 07/07/2005
Tags:


0/5 (0 votos)