Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECLARACIÓNS LOGO DA CONSTITUCIÓN DO PARLAMENTO

Touriño: "Vontade de concertación, unión e diálogo"

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Emilio Pérez Touriño, definiu a constitución do novo parlamento como "un día histórico", tal e como fixera a nova presidenta da Cámara, Dolores Villarino, e fixo votos para que o parlamento "sexa capaz de parecerse á sociedade galega". Touriño expresou a "vontade de concertación, unión e diálogo" dos socialistas no transcurso da VII lexislatura e fixo fincapé no feito de que por primeira vez o presidente da cámara sexa unha muller e socialista. Para Touriño, esta xornada constitúe "un día de democracia e triunfo dos valores cívicos e democráticos do país".

- 11:54 18/07/2005
Tags:


0/5 (0 votos)