Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARA AO NOVO GOBERNO

A estrutura de goberno da nova Xunta

A política lingüística, de comunicación (tanto de relación cos medios privados como as competencias sobre os públicos) e de emigración vincularanse no novo goberno á presidencia da Xunta. A vicepresidencia ocuparase das relacións institucionais, as competencias de familia, xuventude e voluntariado e a actual dirección xeral de servizos comunitarios e inclusión social. Amais da presidencia da Xunta, o PSdeG farase cargo de 8 consellarías e o BNG de 4, xunto coa vicepresidencia. A área de Turismo, até agora en Cultura, dependerá da consellaría de Industria e as competencias sobre Deportes formarán parte da consellaría de Cultura.

- 19:04 21/07/2005
Tags:

DISTRIBUCION DE RESPONSABILIDADES NO EXECUTIVO DE GALICIA

O PSdeG asumirá:
-A Presidencia da Xunta
-A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
-A Consellería de Economía e Facenda
-A Consellería de Política Territorial,Obras Públicas e Transportes
-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
-A Consellería de Sanidade
-A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos
-A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable
-A Consellería de Traballo

O BNG asumirá:
-A Vicepresidencia de Relacións Institucionais e Benestar Social
-A Consellería de Industria, Turismo, Comercio e Innovación
-A Consellería de Cultura e Deporte
-A Consellería de Desenvolvemento Rural
-A Consellería de Vivenda e Solo

En relación coa actual estructura da Xunta:
- A Presidencia terá as actuais competencias e servizos e ademáis:
a) a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que integra a actual Dirección Xeral
b) a Secretaría Xeral de Comunicación que integra a actual Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, a Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual (sen perxuizo do que se regula no apartado 4 deste documento) e a Compañía de Radio Televisión de Galicia e Sociedades.
c) a Secretaría Xeral para a Emigración que integra a actual Consellería de Emigración.

- A Vicepresidencia integra:
a) a Dirección Xeral de Relacións Institucionais
b) a actual Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, agás a Dirección Xeral para o Deporte
c) a Dirección Xeral de Servizos Comunitarios e Inclusión Social

- Consellería de Presidencia terá as actuais competencias, agás as correspondentes á Dirección Xeral de Relacións Institucionais que se integra na Vicepresidencia. Ademáis integra á actual Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local

- A Consellería de Industria, Turismo, Comercio e Innovación terá as actuais competencias. Ademáis integra a Dirección Xeral de Turismo.

- A Consellería de Desenvolvemento Rural terá as actuais competencias da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. Integra ademáis a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

- A Consellería de Cultura e Deporte terá as actuais competencias agás as Direccións Xerais de Comunicación e Audiovisual e de Turismo. Integra a Dirección Xeral para o Deporte.

- A Consellería de Vivenda e Solo integra o Instituto Galego de Vivenda e Solo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: