Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÚLTIMO CONSELLO DA XUNTA

A Xunta acorda pagarlle á Deputación de Lugo máis de 60 millóns de euros pola xestión de dous hospitais

A Deputación de Lugo recibirá da consellaría de Sanidade máis de 62 millóns de euros despois de que o último Consello da Xunta referendase o acordo que asinaron onte Francisco Cacharro e o conselleiro José Manuel González para a cancelación das liquidacións pendentes "por mor da atención sanitaria prestada aos pacientes do sistema público en centros dependentes da Deputación Provincial". O portavoz do BNG na Deputación de Lugo, Antón Bao, acusou ao PP de tratar, mediante este acordo, de "espoliar os fondos da Xunta para hipotecar o futuro goberno galego". A débeda da Xunta coa Deputación será aboada en sete anualidades.

- 12:04 28/07/2005
Tags:

No convenio autorizado hoxe establécese que a Xunta e a Deputación de Lugo acordan "continuar negociando a transferencia dos hospitais da antedita administración provincial, do hospital de San Rafael e do hospital San José, coa finalidade da súa integración na rede hospitalaria do Servizo Galego de Saúde. Na comisión mixta para o traspaso de medios sanitarios de titularidade da Deputación de Lugo ao Sergas, creada en outubro de 2003, acordárase o tratamento da facturación do hospital San Rafael a partir do ano 2005".

O portavoz do BNG na Deputación de Lugo, Antón Bao, acusou á Xunta de tratar de "hipotecar o futuro do novo goberno" con esta decisión. Bao sinalou que o BNG leva anos intentando non só conseguir que se pague esta débeda, senón que se produza o translado de competencias ao Sergas dos dous hospitais provinciais dependentes da Deputación. Bao lamentou que durante os últimos anos "non se deran pasos" neste sentido e sinalou que o obxectivo do PP é "impulsar unha política de terra queimada, coa finalidade de espoliar os fondos da Xunta para hipotecar o futuro do goberno galego".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: