Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRÍTICAS AO GOBERNO SAÍNTE

O BNG pide que o goberno en funcións derrogue as súas decisións "arbitrarias"

"Só algún feito extraordinario podería levar á convocatoria dun novo Consello da Xunta", anunciou Fraga logo da xuntanza deste xoves cos conselleiros en funcións. Segundo o voceiro do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, Manuel Fraga si debería convocar un consello extraordinario, é o obxetivo debera ser "revogar as decisións arbitrarias e antidemocráticas" que vén tomando nas últimas semanas o goberno saínte.

- 13:02 28/07/2005
Tags:

Aymerich destacou que a presión exercida polo Bloque sobre o goberno en funcións e "a indignación dos galegos" tería evitado un último episodio este xoves de decisións "antidemocráticas" e acusou ao goberno en funcións de actuar cunha "lamentábel falta de respecto á sociedade galega". Aymerich advertiulle a Fraga que se el non toma a iniciativa para a anulación dalgunhas das medidas máis polémicas das últimas semanas, será o próximo executivo bipartito quen as revise.

Por outro lado, a CIG valorou este xoves coma unha "decisión acertada" a renuncia da Xunta a levar adiante a blindaxe dos altos cargos "forzada polas denuncias sindicais e do persoal funcionario". "Ao Presidente en funcións da Xunta, non lle quedou outra saída que retirar o decretazo" destacan nun comunicado asinado polo secretario xeral da CIG-Autonómica, Xan Carlos Ansia, onde lembran que tiñan preparada unha denuncia "por prevaricación e xa posto en coñecemento da Fiscalía a serie de ilegalidades que se cometeron en todo o proceso previo antes desta última decisión de non aprobalo no Consello da Xunta". Para a CIG "non supón ningunha concesión a agradecer que o deputado da oposición, Manuel Fraga, tivese que facer de tripas corazón , e tragarse un último sapo para non levar adiante a aprobación dun decreto ilegal e de privilexios para os altos cargos e postos a dedo que durante 16 anos fixeron traballo partidista".


0/5 (0 votos)