Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PREPARACIÓNS DA TOMA DE POSESIÓN

Filharmonia e poemas para a cerimonia do cambio

"Tentará reflectir o xeito de entender a política do novo tempo que se abre en Galicia: democrática, moderna, culta e transparente", anuncian dende a organización do acto oficial de toma de posesión de Emilio Pérez Touriño coma presidente da Xunta de Galiza, o próximo martes. Desta vez non abouxarán o Obradoiro os seis mil gaiteiros que hai catro anos sopraban para tratar de poñer en segundo plano aos manifestantes que daquela se deron cita á beira da praza para unha protesta anti-LOU. A Real Filharmonía de Galicia, o pianista Lorenzo de los Santos e o gaiteiro Suso Vaamonde protagonizarán o apartado musical, nun evento que mesturará as artes escénicas e audiovisuais e incluirá a lectura de poemas de Pimentel.

- 06:27 01/08/2005
Tags:

"Emilio Pérez Touriño, valerase das artes escénicas e audiovisuais, así como da música e da poesía, para intentar reflectir o xeito de entender a política no novo tempo que se abre en Galicia", anúnciannos, "será un acto, non obstante, marcado pola sinxeleza para dar conta do sentir de normalidade civil na asunción do poder". A cita é o martes 2 de agosto ás 13h30, na praza do Obradoiro.

Os socialistas encargaron "un espazo arredor das ideas de biodiversidade; o valor do territorio e o desenvolvemento sustentábel", tarefa para a que requiriron dos servizos para a dirección de Miguel Piñeiro, o arquitecto Fernando Blanco e a directora de arte Marta Villar. Ademais, a actriz María Pujalte será encargada de ler dous poemas de Xavier Seoane e Luis Pimentel, nun acto que contará coa intervención do propio Touriño.

Das seis mil gaitas pásase nesta volta a unha soa, a do gaiteiro do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, Suso Vaamonde, que recibirá aos convidados co son da Real Marcha do Antigo Reino de Galicia. A TVG retransmitirá en directo a toma de posesión.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: