Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A METADE NESTE MES DE AGOSTO

Máis de dez mil hectáreas queimadas no verán con máis lumes dos últimos cinco anos

Máis da terceira parte da superficie de monte arrasada polo lume durante o mes de agosto ardeu nesta última semana. A última hora deste mesmo domingo había máis de trinta focos en toda Galiza, a maioría en Ourense, e apenas nove estaban xa controlados, manténdose nunha ducia o nivel 1 de máxima gravidade. Ao tempo foi necesario curtar unha estrada comarcal na altura de Avión, habilitar desvíos nun treito de catro kilómetros da vía rápida do Barbanza e desaloxar unha aldea no lugar ourensán de Taboadela. Ademais, a Garda Civil detivo por presuntos incendiarios a dúas persoas en Forcarei e ao capataz da brigada de Celanova.

- 06:09 22/08/2005
Tags:

Os posíbeis problemas de respiración debido ao lume que se estendía no lugar de Taboadela, onde pola gravidade do incendio se decretou o nivel 1. O mesmo nivel máximo de alerta permanecía activo en zonas de Camariñas, Lousame e Vilarmaior, na provincia da Coruña e debido á proximidade do lume ás casas. En Ourense o mesmo nivel 1 foi decretado en áreas dos concellos de Verín, Monterrei, Taboadela, Muíños e Avión, onde a primeira hora da tarde houbo que curtar a estrada comarcal OU-212. Dous lumes en Pazos de Borbén, e cadeanseu en Gondomar e Salceda de Caselas activaron tamén o máximo nivel de alerta na provincia de Pontevedra.

A Consellería do Medio Rural informou do reforzamento do dos medios terrestres e aéreos nos últimos días debido ao alto número de lumes que se veñen rexistrando e que mudaron a evolución dos primeiros meses do ano, nos que o volume de zonas queimadas se mantivera por baixo dos números do ano anterior. Estas cifras xa son as peores dos últimos cinco anos, superando as 10 mil hectáreas de monte, que nun 40% lle afectaron a superficie de árbores e no resto a monte raso.

Contámoslles de paso que o Servizo de Protección á Natureza, Seprona, informou da detención ata xullo dun total de setenta persoas en Galiza pola súa presunta implicación en lumes forestais. Esta mesma fin de semana, o xuíz de Xinzo da Limia ordeou o ingreso en prisión do capataz da brigada anti-incendios do concello ourensán de Celanova, acusado cando menos da provocación de quince incendios. Este mesmo domingo, a Garda Civil arrestaba a outras dúas persoas en Forcarei baixo a mesma acusación.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: