Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CICLISMO

O portugués Lima, primeiro líder da Volta a Galiza

A IV Volta a Galiza, que etse ano recibe o nome de Gran Premio Galiza Navega 2005, arrincou este mércores en Vigo cun percorrido de cinco tiradas que rematará na Coruña o domingo. O primeiro líder é o portugués Bruno Lima, que venceu ao esprín, mentres que o primeiro galego da táboa é o vigués Borxa Calviño, do Caixanova Spol. Por outra parte, David Blanco chegou de quinto na tirada a Vuelta a España.

- 07:00 01/09/2005
Tags:

Esta primeira tirada, con saída e chegada en Vigo estivo marcada pola fuxida dun grupo dunha ducia de corredores, que se mantiveron en cabeza durante máis de cen quilómetros. Co gran grupo estirado pero agrupado produciuse algún tímido intento de fuga, pero non callaron e houbo que repartir omailló amarelo nunha chegada ao esprín, onde se impuxo o portugués Bruno Lima (Dulcetextil, na foto). O primeiro galego da táboa é o vigués Borxa Prieto, cuarto co mesmo tempo có gañador. A segunda tirada nacerá e morrerá en Baiona e será a máis longa da Volta, con 152 quilómetros. Terá un porto de segunda (Santo Antoniño) e dous de terceira (Vilasobroso e Muíños, este último a 25 quilómetros da chegada). Ademais, cruzará polas vilas de Tui e Ponteareas.

CLASIFICACIÓN TIRADA E XERAL
1º- Bruno Lima (POR) 3:11:08
2º- Joaquín Sobrino (ESP - Supermercados Froiz), =
3º- Alejandro Iglesias (ESP), =
4º- Borxa Calviño (GZ - Caixanova), =
5º- Eder Salas (EUS), =

Vuelta a España
Pola súa banda, continúa o desenvolvemento da Vuelta a España, que abandona as chás terras manchegas e comeza o percorrido inicial pola montaña. Na tranquila tirada de hoxe, entre Alcázar de San Juan e Cuenca, estivo marcada por un porto non demasiado forte pero a 13 kms da meta, o que supuxo algunhas mudanzas na parte media da táboa. Así, David Blanco ascendeu ata a posición 28ª, mentres que Pereiro perde algo máis de tempo aínda que recupere unha ducia de postos. A tirada foi gañada polo noruegués Thor Hushovd, mentres que o primeiro galego foi precisamente Blanco, que desputou o esprín e chegou na quinta posición.

CLASIFICACIÓNS
5ª tirada
1º Thor Hushovd (NOR) 3:41'52"
2º Martín Perdiguero (ESP), =
3º Josep Jufré (CAT), =
5º David Blanco (GZ), =
35º Marcos Serrano (GZ), =
97º Óscar Pereiro (GZ), 51"

Xeral
1º B. McGee (AUS)
2º L. Bertagnolli (ITA), 32"
3º J. Rodríguez (ESP), 41"
28º David Blanco (GZ), 1'45"
46º Marcos Serrano (GZ), 2'52"
97º Óscar Pereiro (GZ), 9'47"


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: