Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLAS SÚAS MATIZACIÓNS ÁS DECLARACIÓNS DE QUINTANA SOBRE O "SALARIO DA LIBERDADE"

O BNG esíxelle ao PSOE que desautorice a Laura Seara

O BNG esixiulle ao PSdeG, a través do portavoz do grupo parlamentario nacionalista, Carlos Aymerich, que "rectifique" e "desautorice" á deputada socialista Laura Seara por matizar unhas declaracións do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, en relación co denominado "salario de liberdade" para as mulleres maltratadas. Nunha rolda de prensa, Aymerich sinalou que "as nosas diverxencias (entre o BNG e o PSOE) hai que solucionalas onde hai que facelo. É un precedente moi negativo e espero, e o digo amigabelmente, que o PSdeG desautorice a esta deputada". Pola súa parte, o PP-G lamentou nun comunicado que as primeiras "fendas" do novo goberno xurdan a raíz do asunto da violencia de xénero, acusou a Quintana dun "fondo descoñecemento" sobre o tema e lembrou que a anterior Xunta xa ofrecía unha axuda económica mensual ás mulleres maltratadas.

- 16:08 01/09/2005
Tags:

As declaracións da deputada Laura Seara asegurando que a intención de Quintana "era boa", pero que as axudas ás mulleres maltratadas xa estaban recollidas nas leis estatais son consideradas polo BNG como "un precedente moi negativo" e como a primeira oportunidade para aclarar co PSdeG a política de comunicación do novo goberno. Neste sentido, Carlos Aymerich mostrouse convencido de que as palabras de Seara se trataron de un "arrebato persoal" e "non responden a ningunha estratexia", aínda que esixiulle á dirección socialista unha "rectificación pública".

"Sorprendéronme moito as súas declaracións, pero tería que saber que as medidas propostas pola Lei Integral contra a Violencia de Xénero as teñen que xestionar as autonomías. Non entendo como a alguén lle pode molestar que se estableza un salario para as mulleres maltratadas", engadiu.

Aymerich comprometeuse, como portavoz do grupo parlamentario nacionalista, a que este tipo de matizacións "non sucedan nunca" con deputados do BNG. "Dígoo con toda claridade, porque as diferencias entre os dous grupos que conforman o goberno non as temos que resolver a través dos medios de comunicación". Tamén engadiu que, neste sentido, o bipartito "precisa discreción".


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: