Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FÚTBOL

Arsenio Iglesias: "Encantaríame adestrar a selección galega"

O adestrador arteixán Arsenio Iglesias declarou nunha entrevista á Radio Galega que estaría "encantado" de adestrar a selección galega de fútbol, se ben recoñeceu que polo de agora a Dirección Xeral de Deportes non se puxo en contacto con el para facelo. Arsenio Iglesias é o adestrador que máis soa nos ruxerruxes para o combinado que debutará o 28 de decembro en Santiago. Entre os históricos tamén se contan Luís Cid Carriega, o adestrador galego con máis partidos en primeira, ou Luís Suárez, mentres que entre os máis novos poderían soar Castro Santos, Fernando Vázquez ou Luís César. Os capitáns serán os xa retirados Xurxo Otero e Fran.
O primeiro partido da selección galega de fútbol será en San Lázaro a finais de decembro
Enquisa: a quen quererías ti como adestrador?

- 10:36 09/09/2005
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: