Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PLENO DO PARLAMENTO

Aymerich cualifica de "regresiva" a proposta sanitaria do goberno español

"Baséase en supostos errados", advertiu o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, ao fío do debate sobre o financiamento da sanidade. O deputado nacionalista reprochoulle aos socialistas que o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, tivese afirmado que a achega do executivo desde Madrid se trataba dun "investimento voluntario", desprazándolle a responsabilidade ás autonomías, con competencia en Sanidade.

- 09:10 13/09/2005
Tags:

"Iso é falso", adicoulle Aymerich aos comentarios de Zapatero, explicando que o Estado toma decisións moi significativas en materia sanitaria, coma é o caso da negociación coas faramacéuticas e o establecemento dos prezos das menciñas e dos tratamentos que entran ou non no ámbito da Seguridade Social. "Son decisións estatais, aínda que logo quen debe pagar é o pobo galego", subliñou Aymerich.

O voceiro do Bloque referiuse á necesidade da revisión do modelo e da prórroga do fondo de garantías. Ao tempo, reprochoulle ao executivo anterior do PP a súa "fixación co mito do défice cero", que na súa opinión "provocou un retroceso no gasto social que incidiu negativamente na calidade da asistencia sanitaria pública". Ao fío dixo que o problema "non é unicamente debido a esa xestión ineficiente" e reprochou que o gasto de Galiza en sanidade estea entre os máis baixos do Estado, e que indicadores de listas de espera e tempo de atención para as consultas amosen importantes défices en Galiza.


0/5 (0 votos)