Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PLENO DO PARLAMENTO

Rego afirma que se conseguiron os obxectivos para mellorar o financiamento sanitario

O portavoz do grupo socialista, Ismael Rego, dedicou a súa intervención a apoiar as xestións do presidente da Xunta na Conferencia de Presidentes e a proposta sobre financiamento sanitario que xurdiu dese debate. Rego salientou a "posta en valor" da Conferencia de Presidentes por parte do goberno español e o feito de que "se aborden temas que afecten á cidadanía, como o asunto da sanidade.

- 09:24 13/09/2005
Tags:

O voceiro socialista sinalou que Touriño conseguiu a maioría dos obxectivos que se propuxo o goberno galego en relación co financiamento da sanidade, xa que se logrou un incremento significativo de fondos en relación coa primeira proposta de goberno; a consolidación deses fondos e que se mantivesen os criterios que demandaba a Xunta para a aplicación do modelo.

Rego adiantouse ás posíbeis críticas do PP e retrucou que os fondos conseguidos non son "dinerillo, aínda que o dixera quen se referiu aos hilillos noutras circunstancias".


0/5 (0 votos)