Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PLENO DO PARLAMENTO

Feijoo di que "se collemos a calculadora do señor Quintana este non é un bo acordo para Galiza"

O voceiro do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, reprochoulle ao presidente da Xunta que outras comunidades apañasen na Conferencia de Presidentes compromisos coma "os 200 millóns de euros para atención a extranxeiros, 45 millóns para atención a desprazados doutras autonomías e 50 por razóns de insularidade". Nese sentido, Feijoo criticou que o presidente galego non conseguise que Galiza incrementase os cartos polo criterio de avellentamento e que tampouco lograse que se incluíse o criterio de dispersión.

- 09:40 13/09/2005
Tags:

Segundo Núñez Feijoo, os populares "propuxeron un pacto polo financiamento da Sanidade" e coincidiron co resto de grupos parlamentarios na necesidade de "sumar esforzos, trascender partidismos e chegar a acordos". Así, Feijoo queixouse de que os socialistas non propiciasen que ese acordo puidese definirse con tempo antes da propia Conferencia de Presidentes. "Pode chegarse a un pacto en 24 horas?", inqueriulle a Touriño lembrándolle que a primeira proposta chegada desde Madrid se produciu a semana anterior á xuntanza. "Pode chegarse en 24 horas?", insistiulle en referencia á convocatoria que o goberno galego lle achegou a PP e BNG para unha reunión tres días antes de que Touriño marchase á Conferencia.

Feijoo fixo repaso dos criterios defendidos polo presidente da Xunta e opinou que respecto ás transferencias do Estado "non se produciu ningún avance sobre a proposta inicial" e subliñou que a cláusula de garantía "non significa que imos recibir máis cartos, senón que non recibiremos menos". Ao tempo, laiouse de que "Galiza perde peso relativo no financiamento sanitario logo desta Conferencia" en relación ao resto de autonomías.


0/5 (0 votos)