Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FRAGA NON QUERE OUVIR FALAR DE "NACIÓN GALEGA"

O PP ameaza con non participar no debate sobre o Estatuto se se cuestionan as Deputacións

O PP non participará na futura comisión parlamentaria que afrontará a reforma do Estatuto se se crean conceptos como "rexión" e se eliminan as deputacións provinciais. Na súa primeira intervención parlamentaria como voceiro da oposición, Manuel Fraga Iribarne ameazou con retirar a súa formación do debate estatuario de poñerse en cuestión a actual organización territorial, porque "é inconstitucional utilizar o termo rexión dentro dunha comunidade autónoma". O expresidente da Xunta sinalou que algúns "poden ter a tentación de crear o concepto de nación galega", pero "os galegos non queren isto porque son tan galegos como españois".

  • Touriño propón un pacto polo territorio
  • Quintana comprométese a desmontar a "administración paralela" da Xunta de Fraga
  • Poden seguir en directo o debate parlamentario

  • - 16:29 14/09/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)