62 millóns de alemáns acoden este domingo ás urnas para elixiren os arredor de 600 deputados que compoñen o Bundestag. En xogo están os vindeiros catro anos de goberno, que deberán defrontar unha fonda reforma económica. Foron as primeiras destas medidas as que obrigaron o chanceler socialdemócrata Gerhard Schröder a convocar os comicios anticipadamente, logo de dúas lexislaturas á fronte do goberno e despois de perder todas as eleccións rexionais que puido. A favorita é a conservadora Angela Merkel, oriúnda do leste, a zona máis castigada polas reformas económicas e a que terá a chave das noces. Os conservadores, que ven recurtada a distancia sondaxe a sondaxe, apóianse nos liberais do FDP, mentres que os socialdemócratas o fan sobre os Verdes. Completa o panorama o Partido da Esquerda, co que Schröder tería serias dificultades para pactar, e que xongue os poscomunistas de Gysi cos SPD desencantados de Oskar Lafontaine. O complexo sistema electoral, con dúas posibilidades de voto, enlea máis un resultado que afectará radicalmente o proceso de construción europea.
• Web das eleccións e resultados de 2002 en escanos e en porcentaxe.
• Xornais: Die Zeit, Frankfurter Allgemeine
• Centros galegos en Alemaña. Uns 90.000 galegos e galegas viven e votan aló.
• Os partidos: CDU/CSU (conservadores), SPD (socialdemócratas), Verdes, FDP (Liberais), e Partido da Esquerda.